No Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro de 2026, publicouse a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026.
O obxecto da convocatoria é establecer as bases reguladoras das axudas para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, e convocar estas axudas para o ano 2026 (código de procedemento MR605D).
Nesta orde inclúense as axudas previstas na Intervención 6883 –Investimentos forestais produtivos– recollida no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a través das seguintes subintervencións:
a) Subintervención 6883_01 – Investimentos forestais produtivos_1, destinada a financiar actuacións de reforestación produtiva con especies de frondosas (Liña II e Liña III).
b) Subintervención 6883_02 – Investimentos forestais produtivos_2, destinada a financiar actuacións de reforestación produtiva con especies de coníferas (Liña I).
O artigo 26 da orde de convocatoria regula as aplicacións orzamentarias e os importes económicos previstos para o financiamento das axudas para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas. No punto 1 indica a súa dotación orzamentaria nas aplicacións e subintervencións seguintes:
|
Liña (subintervención) |
Aplicación orzamentaria |
Ano 2026 |
Ano 2027 |
Total |
|
Liña I (6883_02) |
15.03.713B.770.0 2024 00100 |
3.300.000 |
3.300.000 |
6.600.000 |
|
Liña II (agás chopo) (6883_01) |
15.03.713B.770.0 2024 00109 |
733.000 |
750.000 |
1.483.000 |
|
Liña III (6883_01) |
15.03.713B.770.0 2024 00109 |
100.000 |
300.000 |
400.000 |
|
Total |
4.133.000 |
4.350.000 |
8.483.000 |
|
Asemade, no artigo 26 punto 4, recolle que existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Neste caso, o órgano concedente procederá a publicar esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
O artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, recolle a posibilidade de ampliar o crédito dispoñible para o financiamento da orde cando o aumento veña derivado ben dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou ben da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. Neste caso procede o incremento do orzamento da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación do punto 1 do artigo 26 da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (código de procedemento MR605D)
A Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (código de procedemento MR605D) queda modificada do seguinte xeito:
Un. Modifícase o punto 1 do artigo 26, que queda como segue:
1. O financiamento das axudas recollidas nesta orde efectuarase, nos exercicios 2026 e 2027, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias segundo a subintervención:
|
Liña (subintervención) |
Aplicación orzamentaria |
Ano 2026 |
Ano 2027 |
Total |
|
Liña I (6883_02) |
15.03.713B.770.0 2024 00100 |
3.300.000 |
4.800.000 |
8.100.000 |
|
Liña II (agás chopo) (6883_01) |
15.03.713B.770.0 2024 00109 |
733.000 |
750.000 |
1.483.000 |
|
Liña III (6883_01) |
15.03.713B.770.0 2024 00109 |
100.000 |
300.000 |
400.000 |
|
Total |
4.133.000 |
5.850.000 |
9.983.000 |
|
As axudas previstas na Intervención 6883 – Investimentos forestais produtivos (subintervención 6883_01 – Investimentos forestais produtivos_1, que financia actuacións de reforestación produtiva de frondosas e subintervención 6883_02 – Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de reforestación produtiva de coníferas) do PEPAC 2023-2027 de Galicia, están financiadas polo Feader nun 60 %, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 12 % e pola Xunta de Galicia nun 28 %.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
