O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2026, acordou a renuncia parcial á delegación efectuada polo Concello da Illa de Arousa das competencias en materia de recadación en período executivo das multas derivadas do procedemento sancionador en materia de tráfico.
Así mesmo, o Pleno da Deputación tomou coñecemento do contido dos acordos plenarios adoptados polo Concello da Illa de Arousa, do 3 de xullo de 2026 e do 4 de setembro de 2026, relativos á revogación da delegación de competencias na Deputación de Pontevedra-ORAL en materia de instrución, tramitación e recadación en período voluntario das multas de tráfico.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 4 de novembro de 2026
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. 2025008021, do 3.10.2025)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria,
Patrimonio e Formación e Emerxencias
