DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 26 de novembro de 2026 Páx. 58789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 5 de novembro de 2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira dunha praza de técnico de asuntos económicos, grupo A2, pola quenda de promoción interna incluída na oferta de emprego público do ano 2026 de Olivier Nóvoa Conde, con DNI ***7747**.

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

San Cibrao das Viñas, 20 de novembro de 2026

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa