De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos ou ben non foi posible a práctica da notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Expediente |
Ref. catastral |
Titular |
|
266/2026 |
2549301PH1724N0001OH |
33606378C |
|
227/2024 |
27056A003000750000DW |
B27458975 |
|
676/2025 |
2253814PH1725S0001PK |
33606305Q |
|
477/2026 |
1654966PH1715S0001IF |
33573750Y |
|
621/2026 |
27056A001000980000DP |
33787168F |
|
623/2026 |
27056A002000170000DK |
33794687M |
|
723/2026 |
2453977PH1725S0000AJ |
33605678X |
Os titulares responsables dispoñen dun prazo de 15 días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), para cumprir coas obrigas de xestión de biomasa indicadas.
Advírteselles aos responsables da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, de que se non realizan as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, previos os trámites pertinentes, á execución subsidiaria das mesmas e á liquidación das cantidades que correspondan polos traballos efectuados ou ao inicio do correspondente procedemento sancionador.
Ponse á disposición dos interesados o contido íntegro da notificación e o expediente completo para consulta nas oficinas do Concello de Rábade, sitas na praza do 28 de maio, s/n, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Rábade, 4 de novembro de 2026
María Remedios González Cabarcos
Alcaldesa
