Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203-Bis Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38768

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

ORDE do 7 de outubro de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Meis e Cambados.

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. O obxecto do dito acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de sanidade.

Así mesmo, indícase no dito punto sexto, na redacción vixente, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e á vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación de medidas concretas contidas no anexo.

En aplicación do sinalado no punto sexto do acordo, atendido o indicado no informe elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública do 23 de setembro de 2020 e tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, ditouse a Orde do 23 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilagarcía de Arousa.

Tal e como se indicou na orde, as medidas teñen o seu fundamento normativo na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública; no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 e 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

En canto á eficacia das medidas, de acordo co punto quinto da orde as medidas tiveron efectos desde as 00.00 horas do 24 de setembro de 2020, ben que debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron obxecto de ratificación xudicial polo Auto 85/2020, do 25 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Co mesmo fundamento normativo, tendo en conta o disposto no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 25 de setembro de 2020 e tras escoitar as recomendacións do Subcomité Clínico reunido para estes efectos, mediante a Orde do 25 de setembro de 2020 establecéronse determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilanova de Arousa (medidas que son similares ás previstas na Orde do 23 de setembro de 2020 para o concello de Vilagarcía de Arousa). Conforme o punto quinto da orde, as ditas medidas tiveron efecto desde as 00.00 horas do 26 de setembro de 2020 e debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, no período máximo de sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron obxecto de ratificación xudicial polo Auto 90/2020, do 30 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En cumprimento do disposto no punto quinto da Orde do 23 de setembro de 2020 e da Orde do 25 de setembro de 2020 citadas, procedeuse ao seguimento e á avaliación das medidas. De acordo co indicado no informe elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, do 30 de setembro de 2020, sobre a comarca do Salnés, e tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, mediante a Orde do 30 de setembro de 2020 dispúxose o mantemento, no concello de Vilagarcía de Arousa, das medidas de prevención previstas na Orde do 23 de setembro de 2020 e, no concello de Vilanova de Arousa, das medidas de prevención previstas na Orde do 25 de setembro de 2020, así como a aplicación das mesmas medidas tamén nos concellos de Sanxenxo e Meis.

As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron obxecto de ratificación xudicial mediante o Auto 94/2020, do 2 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De acordo co informe elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública sobre a comarca do Salnés, do 2 de outubro de 2020, e tras escoitar as recomendacións do Subcomité Clínico reunido para estes efectos, mediante a Orde do 2 de outubro de 2020 dispúxose a aplicación, no concello de Cambados, das mesmas medidas de prevención específicas que se estaban aplicando nos concellos de Vilagarcía de Arousa, de Vilanova de Arousa, de Sanxenxo e de Meis, contidas na Orde do 23 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilagarcía de Arousa, e na Orde do 25 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilanova de Arousa. De acordo co punto segundo da orde, as medidas serán reavaliadas nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde en función da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria no concello.

En cumprimento do disposto no punto segundo da Orde do 30 de setembro de 2020 e da Orde do 2 de outubro de 2020 citadas, procedeuse ao seguimento e á avaliación das medidas. Neste sentido, no informe elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública, do 7 de outubro de 2020, sobre a comarca do Salnés, indícase que as taxas acumuladas da comarca a 3, 7 e 14 días están por debaixo da taxa acumulada a eses mesmos momentos temporais no conxunto de Galicia. Agora ben, o informe destaca a taxa a 14 días de Vilanova de Arousa, a taxa a 14 días de Cambados e a taxa a 14 días de Meis. Pola súa parte, en Vilagarcía de Arousa foron notificados casos todos os días dos últimos sete. Ademais, os indicadores de risco na comarca amosan algúns parámetros de risco alto, como a incidencia acumulada a tres días, e outros de risco medio, como a porcentaxe de PCR positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado, ou como a porcentaxe de probas PCR positivas na área e período de investigación do brote. De acordo co informe, a situación, malia ter mellorado, precisa de manter as medidas establecidas, co fin de poder asegurar o control da situación epidemiolóxica, polo que recomenda continuar coas restricións vixentes actualmente en Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, nos concellos de Meis e Sanxenxo e no concello de Cambados.

De acordo co indicado no informe, e tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, a situación epidemiolóxica e sanitaria na comarca do Salnés impón, en consecuencia, o mantemento, nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Meis e Cambados, das medidas de prevención previstas na Orde do 23 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilagarcía de Arousa, e na Orde do 25 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilanova de Arousa.

Polo demais, as medidas deben seguir sendo obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da presente orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria, e proceder, segundo o caso, ao seu mantemento, modificación ou a deixalas sen efecto.

Na súa virtude, en aplicación do punto segundo da Orde do 30 de setembro de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo e Meis, do punto segundo da Orde do 2 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Cambados, e do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Medidas de prevención nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Meis e Cambados

Atendida a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na comarca do Salnés, mantense a eficacia, nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Meis e Cambados, das medidas de prevención previstas na Orde do 23 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilagarcía de Arousa, e na Orde do 25 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vilanova de Arousa.

Segundo. Eficacia, seguimento e avaliación

Esta orde terá efectos desde as 00.00 horas do 8 de outubro de 2020.

As medidas cuxa eficacia se mantén nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Meis e Cambados serán obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da presente orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Para estes efectos, poderán ser obxecto de mantemento, de modificación ou poderán deixarse sen efecto por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade