Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53-Bis Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15525

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 52 Bis, do 17 de marzo de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 15328, na segunda liña, onde di:

«...No obstante, nos concellos enumerados na letra D do anexo II o límite máximo poderán chegar as trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas se se trata de actividades ao aire libre.».

Debe dicir:

«...Non obstante, nos concellos enumerados na letra D do anexo II, o límite máximo poderá chegar ás trescentas persoas para lugares pechados e ás mil persoas se se trata de actividades ao aire libre, sen superar o cincuenta por cento da capacidade permitida.».