Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140-Bis Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37881

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Advertidos erros no Diario Oficial de Galicia número 139-bis, do xoves 22 de xullo de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 37625, onde di:

«j) O acceso ao interior dos locais requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:»

debe dicir:

«j) O acceso aos locais requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:».

Na páxina 37626, onde di:

«O acceso ao interior dos establecementos de lecer nocturno nestes concellos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:»

debe dicir:

«O acceso aos establecementos de lecer nocturno nestes concellos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:».