A Policía Autonómica tramitou esta fin de semana 5 denuncias e realizou 23 identificacións nos controis de medidas ante a covid-19 en Ourense
Leváronse a cabo 15 dispositivos en 6 concellos da provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do virus
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada ponte festiva 15 dispositivos en 6 concellos da provincia de Ourense, nos que foron tramitadas 5 denuncias.
Entre o xoves e o domingo, os axentes realizaron controis nos concellos de Barbadás, Cenlle, Ourense, Pereiro de Aguiar, Ribadavia e Vilamarín, que tiveron como resultado 5 denuncias; as 5 por incumprir o uso obrigatorio da máscara.
Estas accións realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas fronte á covid-19 adoptadas polas autoridades competentes, e saldáronse con 23 persoas identificadas.
Os dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.