Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 40.337 novas:

22/10/2026 | 10:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a aplicación da intelixencia artificial ao comercio cunha xornada en Expourense enmarcada no proxecto transfronteirizo Digital_Expo

A sesión abordará a través de casos prácticos e de exemplos reais as oportunidades que ofrece a IA para a automatización de tarefas, a optimización da xestión e a mellora dos procesos de venda nos establecementos comerciais

22/10/2026 | 10:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia seis proxectos no concurso Eduemprende Idea 2026 para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado de FP

O DOG publica hoxe a concesión de distincións a propostas procedentes de alumnas e alumnos do IES Sardiñeira da Coruña, CIFP Politécnico de Santiago, CIFP As Mercedes de Lugo, CIFP Paseo das Pontes da Coruña e IES Indalecio Pérez Tizón de Tui

21/10/2026 | 19:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita á Fundación Menela polo seu medio século como referente na atención as persoas con trastorno do espectro do autismo

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, lembrou que a comunidade autónoma contará co primeiro Plan Galego do Autismo, que busca garantir o benestar e a plena inclusión das persoas con TEA

21/10/2026 | 19:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a comunicación entre profesionais, a innovación e a investigación como base da industria forestal no seminario técnico de Planforlab

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal inaugurou o evento, no que participaron investigadores, propietarios e empresarios relacionados co sector do pino, para reflexionar sobre da situación actual dos bosques destas coníferas

21/10/2026 | 19:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o Plan Renova o teu vehículo como motor para renovar o parque móbil galego

O director xeral de Planificación Enerxética e MInas, Pablo Fernández Vila, participou no evento impulsado pola Fundación Repsol baixo o título ‘O impacto da renovación do parque nas emisións, a seguridade vial e a economía’

21/10/2026 | 18:15 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde salienta o valor da endocrinoloxía na calidade de vida das persoas máis aló do tratamento dunha única enfermidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León, participou na inauguración o 67 Congreso da Sociedade Nacional de Endocrinoloxía e Nutrición no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

21/10/2026 | 18:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo diálogo coas empresas de transporte para a consecución dunha mobilidade sostible e competitiva

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, clausura en Sanxenxo o 49º congreso de Feneval, a Federación Nacional Empresarial de Aluguer de Vehículos con ou sen Condutor

21/10/2026 | 17:58 | C. do Medio Rural

Medio Rural impulsa en Chantada a elaboración artesanal de pan e empanadas como ferramenta de diferenciación e creación de valor

A xornada forma parte do ciclo de Aulas Abertas de Artesanía Alimentaria, promovido por AGACAL para divulgar as oportunidades que ofrece este distintivo ás pequenas producións agroalimentarias

21/10/2026 | 17:54 | C. de Sanidade

Belén do Campo destaca o potencial do programa Xenoma Galicia para avanzar na prevención de enfermidades e ofrecer unha atención sanitaria máis persoalizada

A delegada da Xunta visitou a zona na que se iniciou esta semana a recollida de mostras de sangue para incorporar 977 novos participantes