Xunta e Concello de Pontevedra asinan o convenio para incluír os auxiliares da Policía Local da cidade no convenio xa en vigor coa Academia Galega de Seguridade Pública

Preto do 70% dos concellos con Policía Local delegaron na Xunta o proceso selectivo de acceso

A posta en marcha deste proceso supón un importante avance que facilita a xestión dos concellos
 

Pontevedra, 26 de abril de 2021

A Xunta e o Concello de Pontevedra veñen de asinar o convenio para a asunción por parte do Goberno galego da convocatoria de desenvolvemento dos procesos selectivos para os auxiliares do corpo de policía local da cidade de Pontevedra, logo de que xa asinaran a delegación da policía local.

No marco deste convenio, a Xunta asume a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas de auxiliares de policía local, segundo as necesidades de persoal que lle sexan comunicadas polo concello, e que terán lugar na Academia Galega de Seguridade Pública.

Case o 70% dos 129 concellos que contan actualmente con Policía Local decidiron delegar na Xunta os procesos selectivos de acceso ás prazas de auxiliares e de policías. En total, 86 concellos asinaron o convenio para adherirse a este proceso de centralización que liderará a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

A posta en marcha deste proceso supón un importante avance que facilita a xestión dos concellos, evitando cargas e posibilitando a cobertura de vacantes e a mellora dos cadros de persoal destes corpos.