Galicia envía esta mesma medianoite un operativo antiincendios para contribuír á extinción do lume que afecta distintas localidades de Ávila dende onte
En concreto, a Xunta desprazará catro brigadas, dous axentes, un técnico e dúas motobombas do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF) de Galicia, así como un camión cisterna da Axencia Galega de Emerxencias (Axega)
A Xunta enviará esta mesma medianoite un operativo antiincendios para contribuír á extinción do lume que afecta distintas localidades de Ávila desde este sábado.
En concreto, a Consellería do Medio Rural desprazará a territorio abulense catro brigadas, dous axentes, un técnico e dúas motobombas pertencentes ao Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF) de Galicia.
Pola súa parte, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), dependente da Vicepresidencia primeira, aportará un camión cisterna que se encargará de abastecer de auga as motobombas.