A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h de hoxe

Activo un incendio no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas

Controlado o lume do municipio ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 27 hectáreas, principalmente arboradas

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,00 h. de hoxe.

Rois - Leroño

Activo dende as 16,26 h. desta tarde un incendio no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño. Segundo as primeiras estimacións, supera as 20 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 2 técnicos, 6 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 9 avións e 6 helicópteros.

Vilar de Barrio – Prado

Controlado dende as 18,46 h. desta tarde o lume rexistrado na localidade ourensá de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, ás 22,35 h. de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 27 hectáreas, principalmente arboradas. No seu control levan participado ata o de agora 6 axentes, 24 brigadas, 8 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.
Cabe engadir que este lume obrigou a cortar a vía férrea Zamora-Ourense á altura do quilómetro 195 por mor do fume existente na zona, aínda que a circulación dos trens quedou restablecida esta mañá.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. del Medio Rural