A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe
Controlado esta pasada noite o incendio do concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 20 hectáreas
Permanece tamén controlado o lume do municipio ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 27 hectáreas, principalmente arboradas
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe.
Rois - Leroño
Controlado desde as 23,57 h. de onte o lume rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño, que se iniciara tamén onte ás 16,26 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse en total 3 técnicos, 8 axentes, 17 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 9 avións e 7 helicópteros.
Vilar de Barrio – Prado
Permanece controlado dende as 18,46 h. de onte o lume iniciado tamén este pasado luns na localidade ourensá de Vilar de Barrio, parroquia de Prado, ás 22,35 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unhas 27 hectáreas, principalmente arboradas. No seu control levan participado ata o de agora 7 axentes, 27 brigadas, 10 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.