O director xeral de Xustiza intervén nas XXIII Xornadas dos servizos de orientación xurídica penal que celebra en Lugo o Consello Xeral da Avogacía Española
Juan José Martín participou co relatorio “Traspaso e asunción de competencias sanitarias en materia penal”
No foro abordáronse diferentes cuestións xurídicas relacionadas coa política penal
Lugo, 5 de novembro de 2021.- O director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, Juan José Martín, participou hoxe en Lugo nas XXIII Xornadas dos servizos de orientación xurídica penal que celebra o Consello Xeral da Avogacía Española para abordar diferentes cuestións xurídicas relacionadas coa política penal.
Juan José Martín interveu co relatorio “Traspaso e asunción de competencias sanitarias en materia penal”, no que fixo un percorrido sobre as competencias autonómicas no eido penal e sobre as necesidades de acompañar as posibles transferencias coas partidas orzamentarias pertinentes, “pensando sempre no ben dos pacientes reclusos e dos profesionais que os atenden”, indicou o director xeral de Xustiza.
Nas xornadas abordáronse, entre outras cuestións, o protocolo de ingreso directo nos centros de inserción social, a situación das persoas presas con discapacidade ou a situación actual e perspectivas da política penal, ademais do traspaso e asunción, por parte das comunidades autónomas, das competencias sanitarias en materia penal, apartado no que interveu o director xeral de Xustiza.