Activo un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, con ata sete focos e que afecta o Parque Natural do Xurés

O lume iniciouse ás 17,08 h. desta tarde e no seu control traballan xa medios do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais da Xunta

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín.

O lume comezou ás 17,08 h. desta tarde e permanece activo arestora. Iniciouse en ata sete puntos simultáneos, todos eles dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control participan 2 axentes, 4 brigadas e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural