Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou o Parque Natural do Xurés

Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie aproximada de 3 hectáreas, a maior parte delas de monte raso

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, quedou extinguido ás 19,55 horas desta tarde.
O lume comezou ás 17,08 h. en ata sete puntos simultáneos, todos eles dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 3 hectáreas, das cales 2,7 foron de monte raso e as restantes 0,3 de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en total 2 axentes, 4 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural