A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,15 h. de hoxe

Están extinguidos os lumes rexistrados no concello ourensán de Baltar, que entraron dende Portugal e que afectaron 5 e 40 hectáreas, respectivamente, nas parroquias de Abades e de Vilamaior da Boullosa

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,15 h. de hoxe.

Baltar-Abades

Dende as 03,30 h. desta madrugada está extinguido o lume do concello ourensán de Baltar, parroquia de Abades, que entrou dende Portugal e que segundo as últimas medicións afectou unha superficie de 5 hectáreas de monte arborado. Para extinguilo mobilizáronse 5 axentes, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.

Baltar-Vilamaior da Boullosa

Tamén está extinguido, dende as 21,40 h. de onte, o incendio do mesmo municipio de Baltar, parroquia de Vilamaior da Boullosa, que tamén procedía de Portugal e que afectou unha superficie de arredor de 40 hectáreas, das cales 30 foron de monte raso e as 10 restantes de arborado. Para a súa extinción mobilizáronse 5 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. del Medio Rural