Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie dunhas 65 hectáreas

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, xa está controlado.
O lume iniciouse ás 23,30 h. de onte e quedou controlado ás 10,49 h. desta mañá. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie dunhas 65 hectáreas. Na súa extinción participan 2 axentes, 6 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural