Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 68,7 hectáreas de monte raso

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima.
O lume iniciouse ás 23,30 h. de onte e quedou extinguido ás 11,35 h. desta mañá. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 68,7 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 2 axentes, 6 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural