Conde destaca que Galicia pode reivindicar os resultados dunha política económica comprometida co rigor e a solvencia nas contas públicas
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe en Pontevedra ao acto de presentación do último libro de Rafael Pampillón
Pontevedra, 21 de xullo de 2022 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde en Pontevedra no acto de presentación do libro de Rafael Pampillón, Cuando los votantes pierden la paciencia.
Na súa intervención, Conde apuntou que esta obra lembra a importancia de non errar no diagnóstico dunha crise económica. E, nesta liña, sinalou que Galicia pode reivindicar os resultados dunha política sempre comprometida co rigor e a solvencia nas contas públicas.
Finalmente, o vicepresidente eloxiou o repaso que o autor pontevedrés fai pola historia da economía contemporánea que, segundo dixo, abre un espazo para a reflexión.