Conde asistiu esta mañá ao XV Criterium Aeronáutico, evento que congrega a todo o sector en Rozas

Castro de Rei (Lugo), 23 de xullo de 2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá ao XV Criterium Aeronáutico – Galicia 2022 que se celebra desde o venres e ata mañá domingo no Real Aeroclub de Lugo, en Rozas. No evento dáse cita unha ampla representación do mundo aeronáutico de diferentes comunidades e países, entre os que se atopan as principais empresas do Polo Aeroespacial de Rozas.

 

A xornada conta con diversas actividades para todos os públicos como saltos en paracaídas, simuladores de voos, voos de introdución en distintas aeronaves e aeromodelismo, entre outras, ademais de todo tipo de exhibicións estáticas sobre a aviación e a XXXVII Volta Aérea a Galicia / Volta Aérea Galaico-Duriense.