Galicia é unha comunidade autónoma marítima por excelencia co litoral máis longo de toda España: un total de 2.555 quilómetros, considerando non só os 1.659 quilómetros do seu perímetro costeiro, senón tamén os 432 quilómetros que rodean os seus centos de illas e illotes e os 464 quilómetros das súas marismas e areais. 

Desde as Rías Baixas ata a Mariña lucense, pasando polas Rías Altas e a Costa da Morte, cunha das zonas costeiras mellor conservadas de España e uns dos cantís máis altos de Europa, o litoral de Galicia merece manter e mellorar a súa sustentabilidade ambiental, social e económica e mais protexer a súa propia fisionomía natural e humana. A Comunidade Autónoma de Galicia dispón das competencias, dos coñecementos e dos medios para afrontar a súa ordenación.

Por todo o anterior, ao abeiro do disposto na Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, esta Comunidade Autónoma de Galicia exerce as competencias en materia de ordenación e xestión integrada do noso litoral. O litoral de todos os galegos e galegas.

Necesitas máis información sobre os procedementos de autorizazións ou concesións no litoral?
Poñemos á túa disposición un servizo de atención á cidadanía.