ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Que é e como funciona?

Chave365 é o sistema que permite aos/ás cidadáns/ás maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Primeiro acceso

No formulario de alta é necesario incluír un número de teléfono móbil no que, ao completar a alta, recibirás unha mensaxe de texto cunha clave de acceso provisional.

A continuación, deberás acceder á “Área Privada” da sede electrónica da Xunta de Galicia e, unha vez elixido o tipo de carpeta (Persoal ou Profesional), poderás introducir dentro do recadro de Chave365 o teu NIF e a devandita clave provisional.

Método de identificación

 

O sistema pedirá que escribas e repitas unha nova clave, que a partir dese momento será a túa clave de acceso persoal, e que terás que lembrar para futuros accesos.

Uso na sede electrónica

  • Identificación: a sede electrónica ofréceche a posibilidade de identificarte con Chave365. 
  • Sinatura: no momento de proceder á sinatura dixital dun documento con Chave365 recibirás no teu móbil unha mensaxe cun código de sinatura dun só uso, específico para ese trámite, que terá validez para a sinatura dese documento.

Chave365 tamén pode empregarse en:

  • Notifica.gal: para acceder ao servizo que permite a cidadáns/ás, empresas e Administracións públicas galegas recibir de forma áxil e sinxela notificacións electrónicas das Administracións públicas galegas.
  • Diversos servizos do ámbito do medio rural:
  • É-Saúde: é a ferramenta do Sergas de comunicación coa cidadanía, accesible desde calquera lugar e dispositivo (ordenador, móbil, tableta...) e permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.
  • Oficina do profesional / Expediente-e: permite o acceso aos datos persoais, así como a consulta de información sobre os procesos de selección para os/as profesionais da Xunta de Galicia e do Sergas.
  • XuntaEu: permite xestionar o teu usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovala, modificar o teléfono móbil ou darse de baixa), consultar expedientes e presentacións, consultar notificacións electrónicas, outorgar apoderamentos, realizar o pago de taxas, comprobar a validez dos documentos asinados electronicamente (CVE), consultar certificados ou tarxetas e consultar os documentos presentados en relación cos teus trámites a través do rexistro electrónico da Xunta de Galicia ou nas Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro.