ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
Nodo de interoperabilidade de Galicia - pasaXe!
A cooperación entre as Administracións públicas é esencial para proporcionar servizos aos cidadáns, garantíndolles o seu dereito a relacionarse con elas por medios electrónicos e a non ter que achegar documentos que xa foran elaborados por elas ou obren no seu poder.
Esta cooperación é posible grazas á interoperabilidade, que é a capacidade que teñen os sistemas de información, e os procedementos aos que lle dan soporte, para poder compartir datos.
Ademais dos importantes aforros económicos e de tempo que a interoperabilidade supón, tanto para a propia Administración como para a cidadanía, esta:
- Beneficia a cidadáns e empresas, en tanto que deixan de estar obrigados a presentar os citados documentos, co que se lles facilitan certas tramitacións.
- Beneficia á propia Administración, facilitando o acceso aos datos e axilizando a tramitación dos procedementos.
pasaXe!
pasaXe!, o nodo de interoperabilidade de Galicia, permite a obtención de información de cidadáns ou empresas elaborada pola Administración de xeito sinxelo, seguro, centralizado e respectando a privacidade do cidadán.
O portal de interoperabilidade galego, que xa incorpora máis de 80 servizos, ten por obxectivo facilitar a cooperación entre administracións como mecanismo esencial para proporcionarlle aos cidadáns os servizos necesarios para garantir o seu dereito para relacionarse con elas por medios electrónicos e de non presentar aqueles documentos susceptibles de ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.
Marco normativo
Coa entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas cambiou substancialmente a forma de acceso aos datos e documentos esixidos polas administracións públicas. Así, estas últimas non poderán requirirlles ás persoas interesadas aqueles datos e documentos que fosen elaborados por elas (acreditación da identidade, residencia, familia numerosa...) nin aqueles outros que xa foran presentados anteriormente e, polo tanto, poderán acceder a eles cando non exista denegación expresa das persoas interesadas.
Adicionalmente, o Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI), regulado polo Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, estableceu o conxunto de criterios e recomendacións que deben ser tidos en conta polas Administracións públicas para a toma de decisións tecnolóxicas que garantan a interoperabilidade. Do mesmo xeito, as normas técnicas de interoperabilidade previstas na súa disposición adicional primeira desenvolveron certos aspectos concretos.
Marco de colaboración
Impulsar a interoperabilidade na Administración galega foi posible grazas á cooperación interadministrativa, materializada nos seguintes convenios:
- 2013: o Convenio de colaboración da Secretaría de Estado de Administracións Públicas coa Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica, que veu a substituír ao Convenio de colaboración entre o Ministerio de Administracións Públicas e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de servizos de administración electrónica asinado en 2008.
- 2010: a través do Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade autónoma de Galicia a Xunta impulsou o desenvolvemento da Administración electrónica nas entidades locais de Galicia.
Catálogo de servizos de interoperabilidade da Xunta
Desde a súa publicación, pasaXe! vén incorporando progresivamente novos servizos ao seu catálogo. Estes son os que o conforman actualmente:
| Xunta de Galicia | |
|---|---|
Organismo |
Servizo |
| Xunta de Galicia | Certificado de discapacidade |
| Estar ao corrente de pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das Administracións Públicas | |
| Estar ao corrente de pagamento coa Xunta de Galicia para contratación coas Administracións Publicas | |
| Consulta de permisos de explotación marisqueira (CCAA Galicia) | |
| Título de familia numerosa | |
| Título de familia numerosa autonómico | |
| Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia a data concreta | |
| Consulta Carné Xove | |
| Certificado acreditativo da xunta directiva de asociacións | |
| Certificado de inscrición de asociacións | |
| Certificado de presidencia de asociacións | |
| Consulta do certificado do rexistro de acollemento familiar | |
| Certificado de discapacidade por representante | |
| Consulta de certificado de discapacidade para a obtención da tarxeta de estacionamento | |
| Consulta de apoderamentos (REAG) | |
| Consulta de datos de patrimonio | |
| Consulta de licenzas de pesca recreativa | |
| Administración Xeral do Estado | |
Organismo |
Servizo |
| Ministerio de Educación | Consulta de condición de bolseira/o |
| Consulta de títulos non universitarios oficiais | |
| Consulta de títulos universitarios oficiais | |
| Consulta de listaxe de títulos universitarios | |
| Consulta de listaxe de títulos non universitarios | |
| Consulta de profesións reguladas | |
| Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (MINHAP) | Consulta de estar inscrito/a no Rexistro Central de Persoal |
| Consulta de datos do Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público | |
| Certificado de datos de discapacidade | |
| Ministerio de Xustiza | Consulta de datos de defunción |
| Consulta de matrimonio | |
| Consulta de certificado de nacemento | |
| Consulta de inexistencia de antecedentes penais | |
| Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais | |
| Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais por documentación | |
| Consulta de inexistencia de antecedentes penais por documentación | |
| Ministerio de Sanidade | Consulta de formación sanitaria especializada |
| Axencia Estatal de Administración Tributaria | Certificado da Renda |
| Certificado de domicilio fiscal | |
| Estar ao corrente de pagamento con AEAT para contratos coas Administracións Públicas | |
| Estar ao corrente de pagamento con AEAT para a obtención de licenzas de transporte | |
| Imposto de actividades económicas | |
| Nivel de renda | |
| Validación de NIF | |
| Estar ao corrente de obrigacións tributarias | |
| Pensións públicas exentas | |
| Estar ao corrente de obrigas tributarias coa AEAT para permisos de residencia e traballo para estranxeiros/as | |
| Estar ao corrente de pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións | |
| Dirección Xeral da Policía | Consulta de datos de identidade de persoas físicas |
| Verificación de datos de identidade | |
| Consulta de datos de identidade ampliada para estranxeiros/as | |
| Consulta de residencia legal por documentación | |
| Consulta de residencia legal por filiación | |
| Dirección Xeral do Catastro | Certificación de titularidade |
| Consulta de bens inmobles | |
| Datos catastrais | |
| Obtención de descritiva e gráfica | |
| Certificado do valor de referencia dun inmoble e certificado de motivación do cálculo do valor de referencia | |
| Consulta do valor de referencia dun inmoble | |
| Verificación e obtención de documentos catastrais por CSV | |
| Dirección Xeral de Tráfico | Consulta de permisos de conducir dun/dunha condutor/a |
| Consulta de sancións dun/dunha condutor/a | |
| Consulta de datos de vehículos | |
| Consulta de listaxe de vehículos dun/dunha titular | |
| Consulta de sancións dun vehículo | |
| Consulta de datos dun/unha titular dun vehículo por parte do/a titular dunha vía | |
| Consulta do distintivo ambiental dun vehículo | |
| Consulta dun vehículo para a xestión de IVTM | |
| Instituto Cervantes | Consulta de cualificacións para probas CCSE e DELE |
| Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) | Consulta de grao e nivel de dependencia |
| Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) | Consulta do histórico das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade |
| Consulta de datos económicos da Tarxeta Social Dixital | |
| Integrantes da unidade familiar IMV ou RIS da Tarxeta Social Dixital | |
| Prestacións da Tarxeta Social Dixital | |
| Instituto Nacional de Estatística | Verificación e consulta de datos de residencia con data da última variación |
| Consulta de datos padroais | |
| Verificación de datos de residencia de ámbito | |
| Consulta de datos do histórico de residencia e convivencia | |
| Consulta de datos históricos de municipios | |
| Consulta de datos históricos de municipios por lei | |
| Consulta dos datos de convivencia actual | |
| Consulta de datos de convivencia actual por lei | |
| Consulta de datos de histórico de residencia e convivencia por lei | |
| MUFACE | Certificado individual de abonos de servizos |
| Certificado de afiliación | |
| Consulta de datos de abonos | |
| Consulta de datos de afiliación | |
| Consulta de datos de prestacións de pago único | |
| Certificado de prestacións de pago único | |
| Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) | Estar inscrito/a como demandante de emprego a data actual |
| Estar inscrito/a como demandante de emprego a data concreta | |
| Importes de prestación de desemprego percibidos a data actual | |
| Importes de prestación de desemprego percibidos nun período | |
| Situación actual de desemprego | |
| Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS) | Alta na Seguridade Social a data concreta |
| Estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social | |
| Consulta de vida laboral dos últimos 12 meses | |
| Consulta dos números de afiliación á seguridade social | |
| Consulta de vida laboral nos últimos 5 anos | |
| Outras Comunidades Autónomas | Consulta de datos sobre o Imposto de Actividades Económicas de Navarra |
| Intervención Xeral da Administración do Estado | Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas |
| Consulta de axudas do Estado (BDNS) | |
| Consulta de concesións de subvencións e axudas ampliado de BDNS | |
| Consulta de subvencións e axudas con MINIMIS ampliado (BDNS) | |
| Conferencia de Reitores de Universidades Españolas | Consulta de datos de matrícula universitaria |
| Dirección Xeral da Ordenación do Xogo | Descarga completa do rexistro de interdicións ao xogo |
| Descarga parcial do rexistro de interdiccións ao xogo | |
| Rexistro de alta no rexistro de interdiccións ao xogo | |
| Rexistro de baixa no rexistro de interdiccións ao xogo | |
| Rexistro de modificacións no rexistro de interdiccións ao xogo | |
| Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España | Consulta do Rexistro Público Concursal de Rexistradores de España |
| Ministerio de Transportes e mobilidade sostible | Consulta dos datos dunha licenza internacional de transporte |
| Consulta dos títulos de transporte dun/unha titular | |
| Consulta das autorizacións de transporte dun/unha titular | |
| Consulta dos datos dunha autorización de transporte | |
| Consulta dos datos dun vehículo adscrito a unha autorización de transporte | |