ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Catálogo dos sistemas dixitais

A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia creou o Catálogo dos sistemas dixitais, que recolle as aplicacións, os sistemas de información e as infraestruturas tecnolóxicas que utilizan ou se poñen á disposición dos órganos e das entidades do sector público autonómico para o seu funcionamento interno, para a prestación de servizos á cidadanía e para a relación con outras administracións públicas.

Este catálogo ten como finalidade garantir a gobernanza tecnolóxica e a utilización de sistemas transversais ou especializados, nos cales se promova a aplicación adecuada dos criterios de reutilización, a transferencia tecnolóxica, a interoperabilidade, a seguridade, a facilidade de uso e a accesibilidade.

Respecto dos elementos que o integran, o catálogo recolle:

  • a identificación das súas características técnicas e funcionais
  • as entidades responsables da súa xestión
  • a determinación do seu ámbito de utilización
  • o criterio de obrigatoriedade de uso
  • e as condicións de uso

Sede electrónica da Xunta de Galicia

Entidade responsable da súa xestión

Lei 4/2019 - Artigo 18. Titularidade e responsabilidade 

  1. A titularidade da sede electrónica da Xunta de Galicia correspóndelles á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás entidades públicas instrumentais incluídas no seu ámbito. 
  2. Corresponderalle á consellaría con competencias en materia de administracións públicas a coordinación, cos órganos e as entidades do sector público autonómico, dos contidos e dos servizos dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia. 
  3. A entidade do sector público autonómico con competencias en desenvolvemento dixital será a responsable dos contidos e dos servizos comúns dispoñibles na sede electrónica, da xestión tecnolóxica e da continuidade, a accesibilidade e a seguridade da sede electrónica da Xunta de Galicia. 
  4. A responsabilidade dos contidos postos á disposición da cidadanía na sede electrónica da Xunta de Galicia e relativos ao ámbito de actuación dun órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dunha entidade pública instrumental do sector público autonómico será, respectivamente, da secretaría xeral ou secretaría xeral técnica da consellaría ou do órgano executivo da entidade pública instrumental correspondente. No caso dos contidos relativos ás outras entidades instrumentais, a responsabilidade corresponderalle á consellaría de adscrición.
Características funcionais

As establecidas na normativa de aplicación para as sedes electrónicas, e en particular: o acceso ao Rexistro Electrónico Xeral para a presentación electrónica de solicitudes, escritos, comunicacións e documentos, queixas ou suxestións; o acceso personalizado á Carpeta cidadá; o outorgamento de apoderamentos apud acta; o acceso ás notificacións administrativas e a comprobación da autenticidade e da integridade dos documentos electrónicos emitidos polos órganos e as entidades incluídos no ámbito de aplicación da sede electrónica

Características técnicas

Servizo ofrecido a través de internet no enderezo https://sede.xunta.gal 

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si

Sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal

Entidade responsable da súa xestión

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Características funcionais

O sistema de notificacións electrónicas de Galicia permite ás administracións públicas realizar o envío e a xestión de notificacións electrónicas fidedignas, con xeración de evidencias comprobables da entrega polo emisor e da recepción polo destinatario, conforme á normativa vixente. As persoas interesadas poden acceder as súas notificacións a través do enderezo https://notifica.gal, a través da dirección electrónica habilitada da Administración Xeral do Estado (DEHú) e a través das sedes electrónicas dos organismos emisores.

Características técnicas

Servizo ofrecido a través de internet no enderezo https://notifica.xunta.gal

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si
Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible en internet Non

Rexistro de actividades empresariais, industriais e comerciais

Entidade responsable da súa xestión

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Características funcionais

O Rexistro de actividades empresariais, industriais e comerciais da Xunta de Galicia permite a xestión de rexistros administrativos (altas, baixas e modificacións), autorizacións e inspeccións, cunha tramitación completamente electrónica dos expedientes, ofrecendo utilidades aos interesados para facilitar a realización dos trámites, simplificando os procesos e evitando a duplicidade de actuacións.

O sistema está formado por un conxunto de módulos con distintas finalidades. Está integrado coa sede electrónica da Xunta de Galicia para a relación coas persoas interesadas e proporciona unha interface de consulta para as entidades rexistradas https://oficinavirtualindustria.xunta.gal

Características técnicas

Servizo dispoñible na intranet da Xunta de Galicia

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia Si
Outras administracións públicas de Galicia Cesión de código  Non

Rexistro de entradas e saídas (Aires)

Entidade responsable da súa xestión

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Características funcionais

Aires é a aplicación de rexistro da Xunta de Galicia que utilizan as oficinas da rede de atención á cidadanía e de rexistro. Permite: o rexistro de entrada e saída de solicitudes, escritos e comunicacións; a dixitalización da documentación presentada presencialmente; a xestión dunha numeración única común, anual e correlativa para todos os asentos de entrada e outra para todos os de saída para cada unha das Administracións que usan a aplicación; a xeración de copias electrónicas auténticas; a interoperabilidade co Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).

Características técnicas

Servizo dispoñible na intranet da Xunta de Galicia

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia Si
Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas Non

 

Plataforma de intermediación pasaXe!

Entidade responsable da súa xestión

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Características funcionais

A plataforma de intermediación pasaXe! permite aos órganos administrativos intercambiar electronicamente datos e documentos de cidadáns e empresas para garantirlles o seu dereito a non achegar documentos que fosen elaborados por calquera Administración.

O intercambio dos datos e de documentos a través de pasaXe! realizarase nunhas condicións tales que garantan a seguridade da información e a protección dos datos persoais que se transmitan, proporcionando medidas para a autenticidade, a confidencialidade, a integridade, a dispoñibilidade e a trazabilidade adecuadas á natureza daqueles.

Características técnicas

Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si
Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas Non

Arquivo electrónico administrativo da Xunta de Galicia (ARPAD)

Entidade responsable da súa xestión

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Características funcionais

O Arquivo electrónico administrativo da Xunta de Galicia é o sistema que permite a xestión de expedientes administrativos electrónicos do sector público autonómico nas súas diferentes fases. Polo tanto, incluirá todos os expedientes en tramitación e os finalizados, durante o tempo establecido nos seus calendarios de conservación.

A través do arquivo, grazas á integración con INSIDE, é posible o envío de documentación de expedientes de maneira electrónica a outras administracións púbicas e a administración de Xustiza.

Características técnicas

Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia Si

Rexistro electrónico xeral de apoderamentos de Galicia

Entidade responsable da súa xestión

Decreto 52/2021 - Artigo 3. Órgano competente - corresponde á consellería con competencias en materia de rexistro e atención á cidadanía a xestión do Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia.

Características funcionais

O Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG) permite ás persoas físicas e xurídicas outorgar poderes a outros/as cidadáns/ás ou entidades para actuar no seu nome nas relacións ante as administracións públicas.

Características técnicas

Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia Si
Outras administracións públicas de Galicia Servizo dispoñible a través da interconexión das redes corporativas Non

XuntaEu - aplicación móbil

Entidade responsable da súa xestión

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Características funcionais

Aplicación móbil que ofrece á cidadanía os servizos dixitais de carácter transversal da Xunta de Galicia.

É a app de referencia para a relación da cidadanía coa Xunta de Galicia, que facilita o acceso á carpeta cidadá e aos servizos públicos dixitais desde dispositivos móbiles. A aplicación ofrece servizos de carácter personalizado, centrados na persoa e para a persoa, así como nas súas necesidades de información, inmediatas e en mobilidade.

Características técnicas

App dispoñible en iOS e Android

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo dispoñible en internet Si

Plataforma de sinaturas

Entidade responsable da súa xestión

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Características funcionais

PortaSinaturas é unha aplicación que proporciona a funcionalidade necesaria para poder asinar masivamente lotes de documentos de maneira telemática e segura. Esta solución, permite asinar directamente documentos electrónicos ou solicitar a firma de documentos tanto a un como a varios asinantes ao mesmo tempo. 

PortaSinaturas posibilita o control do fluxo da firma de documentos dunha maneira centralizada, eficiente, segura e confidencial, minimizando o tempo de espera do solicitante, eliminando o risco de extravío de solicitudes e anulando o uso de papel.  

Características técnicas

Servizo dispoñible na rede corporativa da Xunta de Galicia

Ámbito de utilización

Modo de uso

Uso obrigatorio

Sector público autonómico Servizo proporcionado pola Amtega Si
Outras administracións públicas de Galicia Cesión de código Non

 

O Catálogo dos sistemas dixitais compleméntase co Catálogo da Rede integrada da presenza na internet, que recolle a relación de portais, canles sociais e participativas e aplicacións móbiles do sector público autonómico.