ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Requirimentos técnicos de Notifica.gal

Para poder acceder e xestionar correctamente as notificacións desde o portal é necesario dispoñer dun usuario e clave no servizo Chave365 ou dun certificado electrónico de persoa física ou xurídica (asociado ao NIF da persona destinataria) admitido pola plataforma @firma.

Ademais, é necesario que o equipo cumpra con algún dos seguintes requirimentos en canto ao sistema operativo e ao navegador:

Navegador Sistema operativo
Windows 7
(ou superior)
MAC
(probado con OSX 10.11)
Linux
(probado con Ubuntu 11.04)
Certificado electrónico instalado no navegador DNI ou outros certificados sobre tarxeta Certificado electrónico instalado no navegador DNI ou outros certificados sobre tarxeta Certificado electrónico instalado no navegador DNI ou outros certificados sobre tarxeta
Edge SI - - - -
Firefox SI (*) SI (*)
Chrome - -
Safari - - - - -

 (*) Con Mozilla Firefox 41.0.1 ou superior é compatible coas seguintes combinacións nos sistemas operativos:

  • Apple OS X Mavericks ou superior (soportado directamente en Mavericks, Yosemite e El Capitan)
  • Linux (Guadalinex e Ubuntu)

Tamén será necesario dispoñer dun lector de PDF para poder visualizar correctamente os documentos adxuntos ás notificacións.