Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás

O lume iniciouse ás 18.47 horas do pasado venres e finalmente afectou unha superficie de 62,34 hectáreas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 58,34 correspóndense con monte raso e as 4 restantes con arborado

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou extinguido ás 20.28 horas de hoxe.

O lume orixinouse ás 18.47 horas de pasado venres e finalmente afectou unha superficie de 62,3 hectáreas, das cales 58,3 correspóndense con monte raso e as 4 restantes con arborado. Para a súa extinción mobilizáronse 20 axentes, 44 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 1 técnico, 7 helicópteros e 8 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 16/09/2024