A Xunta destaca en Baiona o papel fundamental das mesas locais de comercio para seguir impulsando o sector a través do diálogo social

Baiona (Pontevedra), 14 de outubro de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá en Baiona na xuntanza da mesa local de comercio da localidade, un encontro que contou coa participación do alcalde do concello, Jesús Vázquez Almuíña,  así como doutros representantes municipais e da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba). Seguindo a orde do día, abordáronse cuestións relacionadas co comercio de proximidade da vila, como o impulso do seu centro comercial aberto ou da súa praza de abastos.

Gabriel Alén destacou o papel fundamental destas mesas como foros de cooperación, debate e participación entre a administración autonómica, local e os axentes representativos do tecido comercial, na mesma liña de colaboración e escoita activa do proceso aberto actualmente pola Xunta para recoller as achegas de todo o sector de cara á elaboración do Plan Estratéxico do Comercio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/10/2024