Diego Calvo destaca a Carreira Enki-2024 como unha cita ineludible no calendario deportivo e solidario da comunidade
Diego Calvo destaca a Carreira Enki-2024 como unha cita ineludible no calendario deportivo e solidario da comunidade
2024-10-19
/documents/35297/1471123/20241019CarreiraEnki2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron esta tarde na undécima Carreira Enki-2024, unha das máis multitudinarias a nivel nacional que xa se converteu nunha cita ineludible e consolidada no calendario deportivo e solidario da comunidade. A Xunta colabora nesta carreira de obstáculos adaptados organizada pola Fundación Enki coa que se pretende concienciar á cidadanía a través do deporte e do ocio sobre a importancia da inclusión social de persoas con diversidade funcional.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 19/10/2024