Belén do Campo avalía cos xefes territoriais os principais investimentos da Xunta comprometidos coa cidade da Coruña e reclama a Concello e Goberno central a mesma implicación

A delegada da Xunta destacou que o investimento comprometido polo Goberno galego na provincia da Coruña ascende a case 5.000M€ e coa cidade a máis de 660 M€

A representante do Goberno autonómico insistiu na necesidade que a administración local e central impulsen proxectos como o centro de saúde de Santa Lucía, a Intermodal ou o albergue de peregrinos para que se poidan executar

A Coruña, 21 de outubro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, presidiu a Comisión Territorial de Coordinación da Delegación que contou coa participación dos directores territoriais das distintas consellerías No encontro  a representante do Goberno autonómico repasou a súa presencia nos concellos da provincia desde a súa toma de posesión. Concretamente, xa se visitou 53 dos 73 municipios do ámbito de actuación da delegación coruñesa para achegar a administración autonómica aos concellos, para poñer en valor as principais inversións e programas da Xunta e para recoller as propostas e achegas dos diferentes colectivos, concellos e entidades da provincia. Isto traduciuse en visitas a concellos, polígonos industrias, empresas, asociacións, estradas, centros sociais e educativos, entre outros.

Na reunión levaron a cabo un repaso os principais investimentos da Xunta de Galicia comprometidos nos orzamentos de 2025 que ascenden a máis de 660 millóns de euros, cifra que aumenta ata case os 5.000 millóns de euros no caso da provincia coruñesa

A delegada lembrou as múltiples obras, programas e iniciativas que contemplan os novos orzamentos centradas especialmente, en sanidade, educación, política social, emprego e vivenda.

No eido de Sanidade dótanse de 37,6 M € para a continuación das obras do Novo CHUAC no 2025 con partidas plurianuais ata o ano 2029 por importe global de 407,2 M € o que garante o compromiso inequívoco do Goberno galego con esta infraestrutura. Tamén se dota crédito de máis de 2,1 millóns de euros ao centro de saúde de Santa Lucía, neste senso, Belén do Campo incidiu na urxencia de que o Concello cumpra coa parte que lle corresponda de licitar e executar esta obra tan necesaria no barrio.

A representante do Goberno autonómico tamén resaltou a aposta da Xunta por renovar e ofrecer os mellores servizos nos centros sociais dependentes da Xunta de Galicia, que contarán con 2,5 millóns de euros a renovación das residencias Torrente Ballester e Concepción Arenal. No encontro tamén valoraron que A Xunta de Galicia porá en marcha un plan de choque para mellorar os tempos de agarda para acceder á dependencia o que permitirá incrementar o número de persoas atendidas e manterase, por terceiro an,o consecutivo a gratuidade nas escolas infantís da que se benefícianse 32.000 nenos e nenas, dos que 3.184 son da cidade da Coruña.

Os centros educativos da Coruña tamén recibirán, entre as partidas máis importantes, 6,9  millóns de euros concretamente, no IES Eusebio da Guarda. Rehabilitación Integral: 2M €; CIFP Paseo das Pontes. Ampliación: 500.000€; IES Salvador de Madariaga. Reforma: 1,7M€;  CIFP Imaxe e Son. Melloras Sectoriais: 950.000€ e IES Rafael Dieste. Rehabilitación integral: 1,7M€. “Os orzamentos de 2025 permiten afrontar retos como a maior modernización do sistema educativo que iniciamos este curso e que vai continuar nos próximos ou a matrícula universitaria gratuíta e unha intensa aposta polo I+D+i galego”, sinalou a delegada.

Nesta liña, e incidindo ao mesmo tempo, no ámbito do emprego,  a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional reserva 7M€ para investimento de interese nos próximos anos en ciencia nos centros de investigación de excelencia, CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e da Comunicación), CICA (Centro de Investigación Científicas Avanzada  CITEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil), que se unen as partidas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de 4,3M€ para o novo centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das Tic e  350.000€ para seguir reforzando o Centro de Orientación ao Emprendemento.

A delegada referiuse tamén ao gran reto  de triplicar o investimento para o solo residencial e construción de vivenda pública. Neste senso, na cidade da Coruña esta medida traducirase en 1,5 millón de euros para adquisición de solo residencial e 13,82 millóns de euros en construción de vivenda VPP para alugueiro en Xuxán. Belén do Campo lembrou ubliñou o compromiso da Xunta para duplicar nesta lexislatura o número de vivendas públicas ata acadar as 8.000 e facilitar solo residencial para construír 25.000 vivendas en Galicia, 20.000 protexidas e 5.000 libres. Belén do Campo subliñou que nestes momentos “a Xunta é a administración que máis inviste en vivenda pública na cidade”.

Así mesmo, a Administración autonómica consigna 16,5 millóns de euros para cumprir a parte que lle corresponde para rematar no 2025 a terminal de autobuses e o aparcamento subterráneo da estación intermodal. A delegada reclamou “a mesma implicación e axilidade con esta obra ao Concello e ADIF porque do contrario teremos a nosa parte rematada pero a funcionalidade da nova estación estará hipotecada ata que todos cumpran coa parte que lles corresponde”.

Belén do Campo subliñou tamén outros investimentos como os 250.000 euros destinados á rehabilitación da capela da Orden Terceira ou os 3,3 millóns destinados ao Consorcio para a Promoción da Música, o que supón incrementar nun 10% o compromiso do Goberno galego con esta institución para axudar á Orquesta Sinfónica de Galicia a superar as dificultades que afronta e mostrou a súa confianza e que outras administracións como o Concello ou a Deputación asuman un maior compromiso con esta entidade para garantir a súa permanencia na cidade.

Finalmente, a delegada recalcou que o Goberno galego segue apostando por construír un albergue de peregrinos na cidade, dentro do itinerario do Camiño Inglés, polo que mantén nos orzamentos unha partida de 1,1 millóns de euros e mostrou a súa confianza en que non se volva e perder este investimento pola falta de implicación do Concello á hora de ceder un espazo para facelo realidade.

Ao mesmo tempo tamén destacou o compromiso orzamentario coa fachada marítima de Coruña para a que se reservan máis de 17 millóns de euros ata o 2028, cunha partida inicial de 100.000 euros no 2025. “Unha vez máis, recalcou, precisamos que o Concello da Coruña pase das boas palabras aos feitos para que estes investimentos poidan facerse realidade nos vindeiros anos”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/10/2024