A Xunta pon de relevo as 23 iniciativas que apostaron por crecer a través do comercio electrónico no marco da aceleradora de proxectos ‘Xerme Ecommerce’

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura do evento no que se puxo de relevo o acadado polas 23 iniciativas empresariais que participaron na primeira edición do programa de formación para o emprendemento Xerme Ecommerce, unha aceleradora de proxectos desenvolvida polo Clúster do Ecommerce Galego co apoio da Xunta de Galicia. Alí, agradeceu o labor dos profesionais en activo do mundo do comercio electrónico que asesoraron aos participantes para que aprendesen a lanzar, xestionar e rendibilizar os seus negocios en liña.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participará na clausura do evento, tendo en conta que boa parte dos proxectos que se beneficiaron do programa pertencen ao sector do comercio polo miúdo. Das 23 empresas escollidas, 11 xa vendían online e outras 4 só tiñan local físico, mentres outras 8 contaban con ambas opcións habilitadas pero con interese en potenciar a venda electrónica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2024