A Xunta participa no Día mundial do dano cerebral adquirido para dar visibilidade ás persoas afectadas

A  directora xeral de Persoas con Discapacidade participou na andaina organizada pola asociación Dano Cerebral Santiago

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou na andaina organizada pola asociación Dano Cerebral Santiago para conmemorar o Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido. Ademais, asistiu á lectura do manifesto que o colectivo pronunciou na Praza do Obradoiro.

Este acto busca dar visibilidade ás persoas afectadas e aos seus achegados. Deste xeito, manifestaron as necesidades do colectivo e reivindicaron os seus dereitos. Neste senso, Begoña Abeijón, quixo destacar o traballo da asociación para mellorar a vida das persoas con Dano Cerebral Adquirido e que actualmente é unha referencia para o colectivo. Ademais, fixo fincapé no traballo conxunto dos axentes sociais e a Administración para seguir potenciando a atención e benestar das persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/10/2024