Arias mantivo unha reunión de traballo con representantes de Primark ante a próxima apertura da primeira tenda da cadea na provincia

Lugo, 13 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá nunha reunión con responsables de Recursos Humanos de Primark, que supuxo o primeiro contacto entre os representantes da cadea irlandesa e as institucións ante a próxima apertura dunha tenda da firma en Lugo.

O novo punto de venta da multinacional textil abrirá no centro comercial As Termas -no espazo ubicado entre a zapatería Ulanka e a xoguetería ToysRus- e está previsto que se inaugure ao longo do vindeiro ano. Será a primeira tenda de Primark na provincia e a cuarta en Galicia, sumándose ás xa existentes en Vigo, Santiago e A Coruña.

Na xuntanza, que se celebrou na Delegación territorial, os representantes de Primark explicaron o seu proxecto para Lugo e abordáronse ademais posibles liñas de colaboración para a fase de selección do persoal, como podería ser a cesión de espazos para a realización das entrevistas.    

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/11/2024