A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou na inauguración do IX Forum RIES

Fabiola García destaca a aposta da Xunta pola innovación tecnolóxica e a mellora constante no sistema de atención aos maiores

Fabiola García felicitou aos premiados nesta novena edición polas súas accións innovadoras nos eidos sanitarios e sociosanitarios

Guitiriz (Lugo), 13 de novembro de 2024.- A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta tarde ao IX Fórum Retos Internacionales del Ecosistema de Salud (RIES) que ten lugar estes días no Balneario de Guitiriz. Un encontro organizado polo Clúster Saúde de Galicia e no que tivo a oportunidade de felicitar aos premiados nesta edición polas súas accións innovadoras nos campos sanitarios e sociosanitarios.

A conselleira, que estivo acompañada no acto polo director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou a aposta da Xunta pola innovación tecnolóxica e mellora constante no sistema de atención ás persoas maiores.

Na súa intervención, fixo fincapé en que o Goberno galego ten deseñado un sistema sociosanitario innovador, poñendo a tecnoloxía ao servizo das persoas maiores, mellorando a comunicación entre os ámbitos social e sanitario e reformando a concepción dos centros residenciais. Unha aposta que, segundo destacou, “sitúa a Galicia como unha referencia nacional e internacional no ámbito dos coidados”.

No encontro, no que se abordarán os retos de futuro da saúde, Fabiola García tamén lembrou o necesario impulso ao envellecemento activo e saudable, do que puxo como exemplo ao Balneario de Guitiriz. Un establecemento que participa no programa Benestar en Balnearios e acolleu estes días a persoas maiores de 60 anos que desfrutan desta iniciativa da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/11/2024