Belén do Campo destaca o apoio da Xunta ao Club Zona Pádel de Arteixo para renovar o céspede das súas pistas

A delegada destacou que a Xunta reforza a súa aposta por este tipo de infraestruturas co seu orzamento nesta ámbito, xa que este ano destinou 22 millóns de euros a 400 actuacións en infraestruturas deportivas de Galicia

Arteixo (A Coruña), 13 de novembro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou as instalacións da entidade en Arteixo onde comprobou as obras realizadas de cambio de céspede das pistas de pádel para o que recibiron unha axuda da Xunta de Galicia de case 24.000 euros. Belén do Campo lembrou que a administración autonómica tamén contribúe con este club para o funcionamento do tecido deportivo con achegas a federacións e clubs co obxectivo de que poidan realizar as súas actividades.

A delegada explico que este apoio forma parte da orde de axudas do Goberno galego  para  entidades para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas. Neste senso, lembrou que a Xunta reforza a súa aposta por este tipo de infraestruturas co seu orzamento nesta ámbito, xa que este ano destinou 22 millóns de euros a 400 actuacións en infraestruturas deportivas da comunidade. Neste montante, inclúense 17,5 millóns en instalacións de titularidade autonómica, municipal ou de entidades deportivas, así como os proxectos beneficiarios das axudas de 5 millóns de euros do fondo adicional de Fondo de Cooperación Local para melloras de eficiencia enerxética nestas instalacións. 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/11/2024