A Xunta apoia a Festa da Xuventude de Meira, que se celebra mañá con música, xogos, sorteos e unha comida popular
O delegado territorial, Javier Arias, explica que o recinto festivo contará cunha das foodtrucks da campaña da Consellería do Mar para promocionar os peixes e mariscos galegos
Meira (Lugo), 15 de novembro de 2024
A Xunta apoia a Festa da Xuventude de Meira, que se celebra mañá, 16 de novembro, no Campo do Plantío con actuacións musicais, xogos, sorteos e unha comida popular. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe con representantes da asociación promotora.
Arias destacou que o recinto festivo contará cunha das foodtrucks da campaña GALICIA SABE AMAR, impulsada pola Consellería do Mar para promocionar os peixes e mariscos galegos e fomentar o seu consumo.
Un dos catro postos que percorren toda Galicia estará en Meira a partir das 18,00 horas e ofrecerá aos visitantes de forma gratuíta petiscos elaborados a base de produtos certificados do mar e da terra.
A programación inclúe varias actuacións musicais durante o día e verbena a partir das nove da noite, animadas por Grupo Eureka, Mekanika Rolling Band e Hermotruck.