Belén do Campo traslada o apoio da Xunta á entidade de iniciativa social Poten100mos para seguir garantindo a inclusión de persoas e familias vulnerables
A Xunta apoia á entidade social Poten100mos cunha achega de máis de 330.000 euros para o impulso de varios proxectos e a posta en marcha de novas iniciativas, para facer realidade os seus proxectos e poñer en marcha as súas iniciativas
A Coruña, 20 de novembro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, reuniuse, esta mañá, cos representantes da entidade privada de iniciativa social Poten100mos para coñecer os seus proxectos e iniciativas.
A representante do Goberno autonómico destacou o importante traballo que levan a cabo, desde o 2015, para garantir a inclusión de persoas e familias vulnerables a través da procura de emprego, o seu desenvolvemento persoal, a procura de recursos básicos así como actividades de dinamización comunitaria e cultura inclusiva.
Nesta liña, a representante da Administración autonómica destacou a intensa actividade que levan a cabo de empoderamento e participación das persoas vulnerables e lembrou que no período 2023-2025 Poten100mos conta con máis de 333.000 euros para levar a cabo o seu traballo de inclusión.
A delegada agradeceu o seu labor e lembrou que a Xunta apóiase no tecido social para impulsar unha sociedade inclusiva. Neste sentido, concretou que estas entidades contan coa experiencia e o coñecemento necesario para realizar este tipo de actuacións de apoio ás persoas máis vulnerables.
Belén do Campo comprometeuse a seguir buscando novas liñas de colaboración nas súas iniciativas e proxectos especialmente nas dirixidas a mulleres e mozos e nas súas actividades centradas na cultura inclusiva.