O delegado da Xunta en Lugo e o alcalde do Páramo abordan a colaboración en proxectos de interese municipal
2024-11-27
/documents/35297/1521955/271124+Reunion+alcalde+O+Paramo.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 27 de novembro de 2024
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Páramo, José Luis López, para seguir impulsando conxuntamente distintos proxectos de interese municipal que competen a ambas administracións.
Entre últimas colaboracións entre o Goberno galego e o Concello do Páramo, Arias destacou o recente acordo de adhesión ao programa Xantar na Casa ou a concesión de 23.800 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste ano para investir nun vehículo destinado a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.
Data de actualización: 27/11/2024