O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Oimbra

Ourense, 29 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa alcaldesa do concello de Oimbra, Ana María Villarino, coa que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.

O delegado tivo a ocasión de tratar xunto a súa rexedora, temas prioritarios para o seu concello. Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/11/2024