Arias amosa o apoio da Xunta a Aspanane durante o encontro anual de confraternidade celebrado en Viveiro
Viveiro (Lugo), 6 de decembro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Viveiro no encontro anual de confraternidade que celebra a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual da localidade (Aspanane).
Arias felicitou á entidade polos avances logrados para contar cunha residencia, que se construirá no municipio de Xove, e reiterou a oferta de colaboración do Goberno galego na súa posta en marcha. Ao respecto, lembrou que a Consellería de Política Social e Igualdade impulsa o labor da entidade financiando 60 prazas concertadas no centro ocupacional e no centro de día situados en Viveiro.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 06/12/2024