A Xunta pon en valor o labor do comedor social das Voluntarias de la Caridad de San Vicente de Paúl

O director xeral de Inclusión Social visitou as instalacións que xestiona esta entidade social e que o Goberno galego apoia con 188.000 euros

Marín (Pontevedra), 7 de decembro de 2024

O director de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado da alcaldesa de Marín, María Ramallo, visitou esta mañá o comedor social das Voluntarias de la Caridad de San Vicente de Paúl. Durante o encontro, o director xeral puxo en valor o traballo desta entidade para atender diariamente ás persoas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.

A Xunta colabora co mantemento deste labor solidario cunha achega que supera os 188.000 euros e que se enmarca na convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023-2025.

O director xeral destacou a importancia do papel que desenvolve en Marín o comedor social das Voluntarias de la Caridad de San Vicente de Paul, que conta con case 40 anos de historia e ofrece 80 prazas. As comidas diarias son preparadas e atendidas por dúas cociñeiras e un grupo de voluntarias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/12/2024