Belén do Campo visita a mesa informativa de Fegerec instalada no edificio da Xunta con motivo da celebración da XIII Campaña de Nadal “Pode ser máxico grazas a ti”
A Coruña, 20 de setembro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, colaborou coa mesa informativa instalada no edificio da Xunta pola Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas con motivo da celebración, no mes de decembro, da XIII edición da Campaña de Nadal “Pode ser máxico grazas a ti”.
Belén do Campo destacou a importancia de respaldar e apoiar con esta recollida de fondos o importante traballo que esta entidade leva a cabo en Galicia para respaldar aos pacientes e as familias que sofren enfermidades raras. Neste senso, sinalou que desde a Xunta de Galicia mantense un diálogo permanente e unha intensa colaboración con esta entidade. A representante do Goberno autonómico lembrou que a Xunta de Galicia aprobou, en xuño do ano 2021, a Estratexia galega en enfermidades raras, un documento estratéxico co obxectivo de establecer un novo modelo asistencial para este tipo de doenzas, garantindo un prazo de diagnóstico máis reducido, menor variabilidade no manexo e unha xestión máis áxil, coordinada e eficaz.