Melendi súmase ao cartel do Caudal Fest 2025, que conta co impulso da Xunta
2024-12-10
/documents/35297/1539577/101224+Presentaci%C3%B3n+Melendi+Caudal+Fest.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 10 de decembro de 2024
O Caudal Fest 2025, que se celebrará os días 19 e 20 de setembro en Lugo, suma ao seu cartel o concerto de Melendi. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, lembrou que a Administración galega está entre os principais patrocinadores deste festival.
O artista asturiano únense a outros grandes nomes que xa están confirmados na próxima edición, como Love of Lesbian, Dani Fernández, Carolina Durante ou Duncan Dhu, entre outros.
Arias afirmou que a implicación do Goberno galego contribuíu a darlle ao festival a dimensión que alcanzou nestes anos, cun cartel no que figuran grupos e cantantes de primeiro nivel.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 10/12/2024