Rueda participa na presentación do libro póstumo ‘No sólo cuatro cosas’ de Javier Sánchez de Dios
2024-12-10
/documents/35297/1539577/241210_Pte_SanchezDeDios_DCS-7.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Pontevedra, 10 de decembro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na presentación do libro No sólo cuatro cosas, obra póstuma do Javier Sánchez de Dios na que o xornalista fai un repaso polas últimas décadas da política galega ata o ano 2000.
Durante a súa intervención, Rueda destacou as crónicas e artigos de Sánchez de Dios ao longo de toda a súa carreira, sempre vencelladas á actualidade do momento. O presidente asegurou que o autor forma parte da historia do xornalismo galego e resaltou o seu estilo único e persoal no que apostaba por explicar o que acontecía dun modo crítico e co uso habitual da ironía.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 10/12/2024