A Xunta e a Asociación Galega de Porcino avanzan na súa cooperación a prol do sector en eidos como a sustentabilidade ou a sanidade e o benestar animal

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantiveron este mediodía unha reunión de traballo cos representantes da Asociación Galega de Porcino (Agapor). O encontro serviu para avanzar na colaboración entre a Xunta e esta entidade a prol do sector, especialmente en eidos como os da sustentabilidade ou a sanidade e o benestar animal.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/12/2024