A Xunta impulsará as mesas de comercio local nas principais vilas e cidades no marco do futuro Plan estratéxico 2025-2030 do sector

A Coruña, 16 de decembro de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na Mesa de Comercio Local da Coruña, poñendo de relevo que este tipo de encontros se impulsarán no marco do futuro Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que se presentará no primeiro trimestre do ano que vén. Así, o representante autonómico considerou vital que se celebren este tipo de citas nas principais vilas e cidades galegas, co gallo de dar resposta aos principais retos e necesidades do sector comercial polo miúdo.

Nese senso, o director xeral animou aos concellos a ir da man do tecido comercial das súas respectivas contornas para reunir, polo menos unha vez ao ano, os principais axentes involucrados neste eido económico fundamental para a xeración de riqueza e emprego na nosa Comunidade. Estas reunións deben servir, engadiu, para o debate e a reflexión co obxecto de tomar as mellores decisións de cara a dinamizar o comercio local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/12/2024