Belén do Campo destaca a variedade de oferta e dos atractivos turísticos recollidos na primeira “Guía de Excelencia Eecoturismo na Reserva” das Mariñas Coruñesas

A delegada puxo en valor o apoio da Xunta a este territorio a través da colaboración con este xeodestino para mellorar a formación do sector local e dos 1,5M€ que reciben a través do Plan de Sustentabilidade Turística

A representante do Goberno autonómico subliñou a evolución que esta zona está experimentando da man do seu sector turístico local, que a día de hoxe supera as 100 empresas certificadas na Marca de Calidade de Mariñas Coruñesas

Abegondo (A Coruña), 14 de xaneiro  2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo,  participou na presentación da primeira Guía de Excelencia Ecoturismo na Reserva que ten por obxectivo dar a  coñecer a información de referencia para practicar o ecoturismo nas Mariñas Coruñesas, dada a gran evolución que este territorio experimentou da man do seu sector turístico local, que a día de hoxe supera as 100 empresas certificadas na Marca de Calidade de Mariñas Coruñesas.

Na publicación é posible encontrar todo o que ofrece este entorno desde visitas aos principais atractivos turísticos deste espazo, como praias, ríos, sendeiros, miradoiros, fervenzas e o patrimonio cultural nos que se poden realizar as diferentes actividades como sendeirismo, observación de aves, de estrelas (como Destino Turístico Starlight), actividades acuáticas ou turismo rural, pasando tamén polos distintos establecementos de aloxamento e restauración.

Belén do Campo lembrou que a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas está formada por 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado

A representante do Goberno autonómico destacou que “esta Reserva é un exemplo vivo de como a natureza e as persoas poden convivir en equilibrio, e que esta guía nace co obxectivo de mostrar ao mundo esa harmonía, ofrecendo unha ferramenta que une calidade, sustentabilidade e respecto polo patrimonio”. Ademais,  a delegada a importancia de ser o primeiro destino de Ecoturismo certificado de Galicia no ano 2020.

Belén do Campo referiuse tamén a colaboración continuada que a Xunta ten con este xeodestino para realizar tarefas formativas ao sector local en calidade, enogastronomía ou astroturismo, así como para consolidar os seus productos da man da produción e para avanzar da man da accesibilidade e novas tecnoloxías aplicadas ao turismo. Ademais, puxo en valor o Plan de Sustentabilidade Turística, posto en marcha co apoio da Xunta de Galicia,  e financiado con fondos europeos. En total son 1,5M€ os que se invisten neste territorio, para desenvolver este proxecto, que forma parte dos 10 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, que “como vemos hoxe coa presentación deste material, estades a executar de forma eficiente e responsable, á vista da boa planificación que presentades e o bo ritmo do desenvolvemento de todas as accións incluídas” sinalou a delegada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/01/2025