O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente de Autismo Ourense

Ourense, 15 de xaneiro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial co presidente da Asociación Autismo Ourense, Ángel Domínguez, para transmitirlle a total colaboración do Goberno galego no traballo que esta entidade está a desenvolver a prol dunha maior independencia, benestar e calidade de vida das persoas con autismo (Trastorno do Espectro Autista).

Manuel Pardo analizou na xuntanza o estado actual e os proxectos de futuro desta asociación de nais, pais e titores, que ten como obxectivo axudar a xerar recursos para conseguir aprendizaxes funcionais que faciliten a independencia e a autonomía dos menores na súa contorna familiar, mellorando a calidade de vida do neno e de toda familia.

O delegado territorial animou ao representante da entidade a seguir traballando polo desenvolvemento individual das persoas con autismo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/01/2025