A Xunta renova o seu apoio á ruta 4x4 Os Riladores de Castroverde, que se celebra do 24 ao 26 de xaneiro

O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación da sexta edición xunto con membros da organización, que esperan reunir uns 150 vehículos e máis de 300 participantes procedentes de Galicia e doutras comunidades

Lugo, 16 de xaneiro 2026

A Xunta renova o seu apoio á Ruta 4x4 organizada polo club Os Riladores de Castroverde, que chega á sexta edición a fin de semana do 24 ao 26 de xaneiro. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e membros da organización presentaron hoxe a cita na Delegación Territorial da Administración galega.

Os promotores agardan reunir uns 150 vehículos e arredor de 320 participantes procedentes de distintos lugares de Galicia e doutros puntos de España como Madrid, Asturias ou Castela e León. O prazo de inscrición permanece aberto ata o día 22 de xaneiro.

As actividades comezarán o venres 24 a partir das 21,00 horas en Castroverde, coa benvida aos asistentes e presentación do programa; seguido dun paseo nocturno polos arredores do pobo.

A xornada principal será o sábado 25, cando se desenvolverá a ruta, que partirá ás 8,30 horas dende o pavillón municipal A Ferrería. Este ano os coches todoterreo e buggies percorrerán uns 120 quilómetros por camiños de Castroverde, Baleira e Pol.

Por último, o domingo 26 de xaneiro a partir das 10,00 horas haberá probas de habilidade nas inmediacións do campo de fútbol Veiga do Olmo.                                                                        

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/01/2025