A Xunta destaca o importante labor da Asociación Chamorro na atención ás persoas con discapacidade

Begoña Abeijón destacou a importancia da colaboración entre o tecido asociativo e a Administración para desenvolver iniciativas que melloren a calidade de vida das persoas afectadas

Narón (A Coruña), 23 de xaneiro de 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo en valor o traballo das entidades sociais na atención e coidado ás persoas con discapacidade. Durante unha visita ao centro de día e ao ocupacional da asociación Chamorro en Narón, sinalou a importancia desta entidade para a comarca de Ferrolterra.

A directora xeral destacou o labor dos profesionais desta entidade para mellorar o día a día das persoas con discapacidade. Neste sentido, fixo fincapé en que a Xunta de Galicia colabora con esta entidade a través da financiación de 132 prazas no seu centro de día e ocupacional e con diferentes axudas con cargo ao 0,7% do IRPF. Así mesmo, o Executivo galego concedeulle un vehículo adaptado para facilitar a mobilidade.

Ao respecto, Begoña Abeijón, destacou a importancia da colaboración entre as entidades sociais e as diferentes Administracións para mellorar o día a día das persoas con discapacidade e agradeceu o traballo desta asociación que leva máis de 60 anos traballando neste eido e sendo un referente na comarca de Ferrolterra.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/01/2025